A D.O. Rías Baixas organiza unha minifeira en Coruña

    dv_corua_-_foto_100.jpgA CORUÑA > O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas organizou onte na Coruña unha minifeira de presentación dos seus viños.

     

     

    En total foron 20 as bodegas participantes cos seus distintos caldos as que se achegaron ante este hotel Finisterre para facer unha demostración ó público en xeral.

    Desta volta a DO Rías Baixas quixo escoller a cidade herculina para esta demostración por ser este mercado un público moi afeccionado a este producto.

    Para esta demostración cursáronse unhas 3.000 invitacións entre empresarios, institucións, organizacións e afeccionados, sendo esta a primeira vez que se convidada ó público en xeral.

    Redacción Salnés