BOIRO> As mellores traíñas do Cantábrico daranse cita este domingo en Cabo de Cruz para desputar a Vixésimo sétima edición da Bandeira Concello de Boiro. A competición, enmarcada na liga ACT, vense celebrando dende o ano 1991 de xeito ininterrompido. Ás doce da mañá do domingo a primeira das quendas tomará a saída no campo de regatas de Cabo de Cruz. Será a última proba na que participen as doce embarcacións da liga posto que nas dúas últimas xornadas da competición regular, a desputar en Bermeo e Portugalete, competirán tan só os oito primeiros clasificados. A pesar de que os crucenses non están no seu mellor momento deportivo, o feito de remar na casa será motivo máis que suficiente para pelexar con forza pola bandeira. Pola súa banda, o alcalde amosou o firme compromiso do concello de seguir apoiando este deporte que ten reportado tantos éxitos históricos para Boiro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











