Nova sabotaxe dunha batea na Ría de Arousa

    sabotaxe100_251108.jpgO GROVE > Por segunda vez en menos dunha semana as cincocentas cordas dunha batea situada en San Vicente apareceron cortadas

    {flowplayer}images/salnes/sabotaxe.flv{/flowplayer} 

    …sen que se saiba aínda quen pode estar detrás destes feitos. O seu dono da por perdida toda a produción, entre a que había tanto mexillón cumprido como cría.

    Varios bateeiros afanábanse esta mañá en tentar recuperar as poucas cordas que quedaron prendidas das cincocentas que tiña a batea. Se o venres aparecía estragada unha en Vilanova, nesta ocasión tocoulle a San Vicente, no Grove. O seu dono, Antonio Otero, asegura que hai unha semana que non ía á batea, polo que descoñece o día exacto no que se produciu a sabotaxe, aínda que por como atoparon as cordas podían levar arrincadas varios días.

    Para Antonio Otero isto supuxo unha ruína. Toda a produción, tanto a de mexillón cumprido como a de novo está perdida. Agora tratan de arranxar a desfeita coa axuda de varios barcos e mergulladores.

    Otero descoñece quen pode ser o responsable desta sabotaxe nin o motivo polo que cortaron as cordas. Só agarda que a Consellería de Pesca interveña para que estes feitos non se volvan repetir.

    Redacción Salnés