A Xunta destinará 15 millóns de euros para paliar os efectos da guerra de Ucraína no sector do mar

VILAGARCIA> A Xunta de Galicia anuncia a convocatoria dunha axuda de 15 millóns de euros destinada a paliar os efectos da guerra de Ucraína no sector pesqueiro. Esta axuda irá destinada tanto á frota artesanal, como a acuicultura e ás empresas transformadoras. En apoio a este sector, o presidente da Xunta tamén reclama un proxecto de carácter estratéxico e a baixada do IVE para os produtos cárnicos e pesqueiros.

O presidente da Xunta de Galicia e a conselleira do mar visitaron esta mañá as instalacións da factoría Profand en Vilagarcía, unha das empresas punteiras do sector da transformación dos produtos do mar. Na visita Rueda quixo mostrar o seu apoio ao sector anunciando a convocatoria dunhas axudas extraordinarias valoradas en 15 millóns de euros.

Reivindicando o apoio ao sector, Alfonso Rueda reclamou un proxecto de carácter estratéxico, tamén denominado Perte.

Tamén reclamou a baixada do IVE para os produtos cárnicos e pesqueiros.

O motivo da visita era coñecer as renovadas instalacións da compañía en Vilagarcía.

Dende a Xunta destacaron o traballo da compañía, poñéndoa como exemplo tanto nos investimento en I+D+I como na creación de emprego e xeradora de riqueza na propia comunidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí