A deputación de Pontevedra destirá a Vilagarcía 3,6 millóns de euros dos orzamentos do 2022

VILAGARCIA> A Deputación de Pontevedra destinará 3,6 millóns de euros para diferentes proxectos en Vilagarcía de Arousa. Os investimentos repartiranse entre o plan concellos e o plan reacPon. A presidenta da deputación fixo o anuncio na inauguración da humanizada rúa Camilo José Cela no barrio do piñeiriño.

A Deputación de Pontevedra e o concello de Vilagarcía continuarán colaborando o vindeiro ano en novos proxectos para mellora a capital do Salnés. Así o anunciou a presidenta da deputación de Pontevedra na inauguración da humanizada rúa Camilo José Cela. A través do plan concellos, a deputación destinará preto de 2,4 millóns a Vilagarcía.

A esa cantidade hai que engadir os 1,2 millóns de euros da participación da Deputación de Pontevedra no proxecto da nova biblioteca de Vilagarcía a través do plan ReacPon.

Con estas axudas, deputación e concello buscarán continuar coa melloras das rúas de Vilagarcía onde os peóns sexas os protagonistas. Melloras como a da inaugurada peonalización da rúa Camilo José Cela. Unha obra que, segundo o concello, aumentará a comodidade e seguridade da veciñanza e repercutirá economicamente nos locais da zona.

A obra do piñeiriño compleméntase con beirarrúas máis amplas e aparcadoiros disuasorios. Dende o concello anunciaron que as melloras continuarán nos vindeiros anos. Pola súa parte, a deputación adiantou que aprobarán os orzamentos o antes posible para que os concellos xa poidan realizar os seus proxectos dende o principio do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí