Un showcooking e os premios do concurso fotográfico clausuran as xornadas micolóxicas da Pobra

A POBRA> A Pobra clausurou esta fin de semana a sétima edición das súas xornadas micolóxicas. Tras unha saída ó campo guiada pola especialista no xénero Amanita, Mónica Saavedra, os participantes tiveron ocasión de disfrutar dun showcooking.

O equipo de Gastrolab, con Miguel Mosteiro á cabeza, elaborou tres receitas a base de cogomelos. A xornada rematou coa entrega de premios do Concurso Fotográfico de Micoloxía que foron para Ramón Rial Pérez, Sergio Pérez Boullón e Pablo Blanco Teijeiro.

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, fixo entrega dos galardóns consistentes en vales de compra por un valor total de 750 euros para trocar no comercio local.