![]()
MORAÑA > A Asociación de Empresarios do Ulla – Umia entregará o venres os seus premios Aevu á cultura empresarial.
Situada no Concello de Moraña, Vertifil Industrial adícase á fabricación de poliescrín, un novedoso fío que ten múltiples funcións pero que a Vertifil lle sirve, fundamentalmente, para surtir a outras fábricas do grupo adicadas á elaboración de cortinas.
Vertifil ten dous anos de vida, e nese tempo conseguiu situarse entre as mellores do mundo no seu sector. A súa tecnoloxía é única. Tanto é así que non deixan grabar a parte da fábrica onde fabrican o poliescrín nunha cadea de montaxe que lles levou moito tempo e cartos idear e que non queren amosarlla ós posibles competidores.
Co fío que fabrican, fan despois o texido na parte da nave onde nove telares traballan día e noite os 365 días do ano. Vertifil conta co seu propio laboratorio, onde se investiga todo o proceso que logo se levará á fábrica. A Xunta concedeulles unha subvención a fondo perdido en I + D + i por un proxecto de alta singularidade en innovación, e ademais teñen varios certificados medioambientais.
O producto final é un texido de máxima resistencia que pode ser usado en cortinas, estores e incluso en paredes ou chans. Permite todo tipo de cores e é lavable con auga e lixivia. Un producto de futuro que nace en Moraña e percorre o mundo enteiro.
Redacción Salnés









