RIANXO> O patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, mostrou hoxe o seu malestar polo retraso que están a sufrir os mariscadores de a flote no cobro das súas axudas polo cese de actividade.
Segundo el é unha situación insostible para moitos mariñeiros que levan varios meses sen cobrar.
Pídelle ó ISM que axilice ó máximo os trámites e que os mariscadores poidan recibir dunha vez esta axuda.
Iglesias sinala que a situación afecta ó redor duns sesenta mariscadores, que están a ver gravemente prexudicadas as súas economías familiares por esta situación.











