O veciños de Cespón poderán gozar de novo do areal de Ribadomar

    rexeneracionribadomar_100_05082008.jpgBOIRO > A Demarcación de Costas rematou a rexeneración desta pequena praia situada nunha cala no lugar boirés de Neixón.  

    A actuación completarase ca instalación dunha senda peonil situada entre o areal e a estrada e o emprazamento dun aparcadoiro a pé da praia.

    Areal impracticable

    Os veciños de Cespón xa poden voltar gozar dun das praias da súa parroquia, a de Ribadomar. Dende hai tempo, o areal era impracticable dado que o mar levara a meirande parte da area.

    O concello de Boiro, a través da Demarcación de Costas, decidiu levar adiante a rexeneración desta praia e ampliar tamén os servizos ao bañistas co emprazamento dun pequeno aparcadoiro.

    {flowplayer}barbanza/rexeneracionribadomar.flv{/flowplayer}

    Senda peonil 

    A actuación completarase cunha senda peonil de madeira ao longo da praia. Os traballos de construcción deste paseo iniciaranse despois de que rematen os que se están a levar a cabo noutros areais do concello.

    Tal e como sinalou o edil de obras boirés na actualidade estase a mellorar a accesibilidade en Mañóns, A Retorta e Carragueiros. Asemade estanse a realizar actuacións semellantes de rexeneración noutras calas boiresas.

    Xoán Xesús Ares agradeceu a veciños a súa compresión e as confrarías de A Pobra, Boiro e Rianxo a súa colaboración nas actuacións de rexeneración que se están a acometer en todo o litoral do municipio de Boiro.

    Redacción Barbanza