BARBANZA> Reclámanlle ós concellos da zona que apoien en pleno esta reivindicación para trasladarlla posteriormente á consellería de Sanidade.
A solicitude para dotar á comarca do Barbanza dunha ambulancia medicalizada iniciarase xa no 2019, cunha campaña de recollida de sinaturas. Daquela recolléranse unhas 4.500.
Agora pasados uns anos, a demanda volve a retomarse, ó entender que é unha necesidade prioritaria.
A solicitude nesta ocasión foille trasladada tamén ós concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira e Porto do Son, para que as respectivas corporacións aproben en pleno un acordo, e así facerllo chegar cunha solicitude conxunta a Sanidade.