Miguel Costas, ex-Siniestro Total, prato forte do Ameixa Rock

VILAGARCÍA> O Ameixa Rock porá o broche de ouro ao verán en Vilagarcía. O festival cumpre a súa sexta edición, e volverá levar a Carril a súa proposta musical e de actividades os días 31 de agosto e 1 de setembro. Miguel Costas, ex-Siniestro Total, encabezará un cartel que este ano complétase cunha festa de disfraces de temática musical.

A sexta edición do Ameixa Rock amosará o lado máis rockeiro de Carril. O festival pon o broche ao verán de Vilagarcía, con propostas para os días 31 de agosto e 1 de setembro. A primeira xornada a festa arrincará pola noite coa actuación da Duendeneta e unha das novidades: unha festa de disfraces de temática musical.

O sábado ao longo de toda a xornada cultura e música irán da man. A sesión vermú correrá a cargo de Dani Barreiro and Friends. Xa pola noite, o cartel estará encabezado por Miguel Costas, ex-Siniestro Total.

A cita volve contar co apoio do concello de Vilagarcía, peza clave este ano para conseguir o permiso de Portos de Galicia tralos problemas que xorderan no relativo a taxas e avais para as actividades en terreo portuario.

O Ameixa Rock mantén as súas rutas guiadas á Illa de Cortegada e as olimpíadas mariñeiras, que se celebrarán o sábado.