Continúa o paro no sector bateeiro

    javier_blanco_100.jpgVILAGARCÍA > Hoxe continuou unha xornada máis o paro no sector bateeiro no tocante á extracción para fábricas ou cocedeiros.

    Nas últimas reunións entre as plataformas maioritarias e minoritarias aínda non se chegou a acordo en firme algún, porén hoxe non saíron a traballar para fábrica porque agora son os cocedeiros os que pararon forzosamente a súa actividade. A reanudación da actividade, depende dunha xuntanza interna que mantiveron esta tarde os empresarios dos cocedeiros; e segundo esta o sector minoritario asegura que vai a seguir traballando o seu xeito, ó non concretaren un acordo interno no sector miticultor.

    Un representante desta parte minoritaria, que engloba un 35 % con asociacións como Virxe do Rosario, Federación Arousa Norte, Cons de Udra, A Mesa, Moaña, San Cibrán, San Saturnino, entre outras; Javier Blanco; explica os puntos nos que non chegaron a un acordo. O primeiro deles é que eles se opoñen á que a centralización proposta só sexa para a industria e non para toda producción total, fresco incluído. A maiores piden que a venda para fábrica este centralizada polas federacións ou asociacións e que posteriormente sexa compensada semanalmente. Reclama ademais que non teñen privilexios as asociacións que teñan depuradora ou cocedeiro propio fronte a outras empresas manufactureiras, clientes deles, que non poden producir a materia prima ca que traballan.

    Deste xeito Javier Blanco non quere que aquelas productoras que teñen depuradora ou cocedeiro propio sigan saíndo privilexiadas fronte a algúns dos seus clientes con empresas depuradoras ou manufacturas, que non poden producir eles mesmos. Con todo, comparte a preocupación de todo o sector sobre os problemas máis acuciantes, como a perda de cota de mercado por mor do mexillón chileno; e avogan, asemade, por un chamamento a unidade.

    Redacción Salnés