Meaño vivirá unha edición moi especial da súa Festa do Viño polo seu 25 aniversario

MEAÑO> Meaño vivirá unha edición moi especial da súa Festa do Viño. O evento celebra este ano os seus 25 anos, convertido nun referente para a promoción das adegas da zona e os seus produtos. Celebrarase os días 17, 18 e 19 de xullo. Nesta edición participarán 22 adegas. Inclúe distintas actuacións musicais, entre elas, a da orquestra Panorama. O comunicador Carlos Sobera será o encargado de dar o pregón.

22 adegas daranlle forma este ano á Festa do Viño de Meaño. O evento vive neste 2026 unha edición redonda, coa celebración do seu 25 aniversario. Este venres, na súa presentación, o alcalde destacaba a evolución da feira, convertida agora nun gran escaparate para os adegueiros da zona.

A Festa do Viño vaise celebrar os días 17, 18 e 19 de xullo. O rexedor fai un chamamento a veciños e visitantes a apoiar o sector, do que viven moitas familias no municipio.

Máis alá do viño, un dos grandes reclamos é a programación musical ao longo das tres xornadas. Tamén a destacar o pregoeiro desta edición, o televisivo Carlos Sobera.

Como xa é habitual, no marco da Festa farase o nomeamento de preto dunha ducia de cabaleiros.

Outra das novidades da edición deste ano é a creación dun himno. Unha peza musical coa que se pretende recoller a esencia de Meaño.