O ‘Alicia’ de Pedro Campos e Luís de la Peña busca revalidar o título

regata250.jpgSANXENXO > Pedro Campos e Luís de la Peña volven a coincidir a bordo do Alicia, co que esperan revalidar o título na Regata Ruta das Illas, que se disputará esta fin de semana na ría de Pontevedra. Nesta novena edición terán que enfrontarse a outras unidades como o Valdamor ou o Pescamar-Semana Naval.

O Real Club Náutico de Sanxenxo última os preparativos para a celebración da novena edición da Regata Ruta das Illas que se desenvolverá esta fin de semana en augas da ría de Pontevedra. Entre as 25 embarcacións coas que espera contar a organización atópanse nomes coñecidos como o de Pedro Campos ou Luís de la Peña. Regatistas cun amplo palmarés que volverán a reencontrarse.

Pedro Campos, recen chegado de disputar a Copa do Rei en Palma e a punto de embarcarse novamente na Volta ó Mundo, súmase ó equipo de Luís de la Peña a bordo do Alicia, que comandará de cara a revalidar o título que o barco do Real Club Náutico de Sanxenxo ostenta desde a pasada edición. Ambos pelexarán na auga con outras unidades como o Valdamor de Moncho Paz, campión galego de cruceiros en 2007, o Pescamar-Semana Naval de Jaime Barreiro, o Noro de José Gil ou o Ziralla de Ramón Barreiro, entre outros.

Entre as novidades da nova cita, poderase competir en solitario ou ad ous, a maiores das clases participantes, ORC Open, 570 e 670. Mañá ábrese xa a oficina de regatas para as últimas inscricións e o sábado a flota collerá rumbo ás illas de Ons e Onza. O domingo disputarase a clásica costeira pola ría.

Redacción Salnés