A IV Carreira Popular de Lousame disputarase o domingo 4 de novembro

LOUSAME> Ademais do cambio de data, a proba, cuxa presentación oficial tiña lugar este pasado sábado, incluirá un novo trazado, con percorridos de cinco e dez quilómetros. Esta fin de semana presentábase no Concello a Carreira Popular Pilar Barreiro Senra. A cita que chega este ano á súa cuarta edición celebrarase o domingo 4 de novembro. A proba virá este ano cargada de importantes novidades. Unha delas é precisamente o cambio de data, para así poder mantela no calendario e así poder obter unha maior presenza de corredores, ó non coincidir con outra carreira deste tipo. Ademais a organización decidiu establecer este ano un novo circuito, así como unha nova proba de cinco quilómetros que se sumará á longa de dez, moito máis suave para todas aquelas persoas que non fan deporte tan asiduamente. Ademais das categorías absolutas, desenvolveranse, coma de costume, as probas escolares. As inscricións xa poden realizarse a través da páxina web www.emesports.es, sendo a data límite para inscrición o xoves 1 de novembro. O importe da inscrición é de 6 € para a categoría absoluta e totalmente gratuíta para as categorías de escolares. Para aqueles país que desexen correr, o Concello volverá a ofertar un servizo gratuíto de gardería que estará situado na Casa da Cultura.