VILAGARCÍA> A área de esterilización é un dos corazóns de calquera Hospital. Nese espazo ten lugar a desinfección do material cirúrxico de varios usos. O do Salnés contará en breve cun novo servizo deste tipo. A diferenza do actual, estará situado xusto ao carón da área de cirurxía.
A nova área de esterilización situarase en catro salas actualmente en desuso. A previsión é que poida entrar en funcionamento, a máis tardar, a comezos do 2023. Un apoio, di o delegado, tamén evidente no proceso de construción do novo centro de saúde vilagarcián. Segundo a voceira do goberno local, tamén presente na visita ao Hospital, a previsión de Ravella é demole-la antiga Comandancia da Mariña tralo verán.
Unha vez despexados os terreos, poranse a disposición da Xunta para a construción do novo ambulatorio.