Unha decena de clubs disputará a Bandeira Concello de Vilagarcía

bandeira_250.jpgVILAGARCÍA > Vilaxoán acolle o domingo a décimo cuarta Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía. A competición presentouxe esta mañá no concello coa presencia da alcaldesa Dolores García, a presidenta da Fundación de Deportes, Victoria Hierro e o presidente do clube de Remo Vilaxoan, Feliciano Suárez.

{flowplayer}images/salnes/bandeira.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA > Vilaxoán acolle o domingo a décimo cuarta Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía. A competición presentouxe esta mañá no concello coa presencia da alcaldesa Dolores garcía, a presidenta da Fundación de Deportes, Victoria Hierro e o presidente do clube de Remo Vilaxoan, Feliciano Suárez.

Despois de cinco anos sen celebrarse o trofeo de bandeira de traíñas o Concello de Vilagarcía volve a retomar esta competición co intento de potenciar e axudar ó clube de Remo de Vilaxoán. Ademais este ano contan cunha novidade, a competición será televisada. A alcaldesa, Dolores García, asegurou que o Concello ía seguir apoiando este deporte.

En principio os participantes ían a ser 16 clubes galegos pero nestes últimos días dous deles informaron que non acudirían por problemas internos no clube. O presidente do clube de Remo de Vilaxoán, Feliciano Suárez, quixo agradecer a tódolos remeiros e remeiras que confeccionan a plantilla que se integraran neste novo proxecto no que está sumido o clube de vilaxoán.

En canto ós premios en metálico vanse repartir 9000 euros entre os catorce participantes. A competición celebrarase en Vilaxoán este domingo ás once e media da mañá.

Redacción Salnés