España clasifícase para a Superfinal pese a perder

waterpolo250_280410.jpgPONTEVEDRA> A piscina olímpica da Fundación Rías do Sur, en Pontevedra, acolleu onte o encontro entre as seleccións española e serbia de waterpolo. O triunfo final foi para os balcánicos que se impuxeron por 9-12, un resultado que clasificou ós dous equipos para a fase final da Liga Mundial.

{flowplayer}images/salnes/waterpolo_280410.flv{/flowplayer} 

A selección española de waterpolo sellou onte en Pontevedra o seu pase á Superfinal da World League 2010, que se disputará na localidade serbia de Nis do 13 ó 18 de xullo. Pese a perder fronte a Serbia (9-12), os de Rafa Aguilar acadan a súa clasificación como segundos de grupo.

O de onte era o derradeiro encontro da liguiña no seu grupo C e o terceiro partido que disputaba a selección no Rías do Sur, xa que tódolos seus compromisos como local afrontounos na piscina de Pontemuíños. Os centos de siareiros que se deron cita onte nos graderíos puideron ver de preto a reedición da final do Campionato do Mundo de Roma, do ano pasado. Aquel día gañaron os balcánicos por penaltis, desta volta fixérono de xeito máis claro.

E iso que o arranque do choque foi moi igualado, cos dous equipos moi acertados en ataque, sen embargo Serbia pegou un tirón antes do descanso que lle permitíu marcharse á pausa tres arriba (3-6). A súa renta chegou a ser de ata cinco goles trala reanudación (3-8) aínda que España puido reaccionar e grazas á unha boa defensa e á gran actuación de Felipe Perone, autor de catro tantos, colocouse a un gol de diferencia a nove minutos para o remate (8-9). Pero Dejan Udovicic pedíu un tempo morto, arengou ós seus e estes reaccionaron para acabar gañando por 9 -12.

Así as cousas España remata segunda de grupo e clasifícase para a Superfinal beneficiada pola participación de Serbia como anfitriona. Este partido foi tamén un bo test para os españois de cara ó torneo clasificatorio para o Campionato de Europa de Zagreb do vindeiro verán. O equipo parte hoxe cara Estambul onde o venres iniciará a competición.

Redacción Salnés