O Concello remite a ordenanza ‘antibotellón’ á Deputación

    botellon100_120808.jpgSANXENXO > A ordenanza ‘antibotellón’ pasou a exposición pública sen recibir ningunha alegación, polo que o Concello xa remitiu …

    … o texto á Deputación de Pontevedra.

    O Concello de Sanxenxo xa remitiu á Deputación a ordenanza ‘antibotellón’ para a súa publicación nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia. O período de exposición pública rematou a semana pasada sen que houbese ningunha alegación.

    Mediante esta ordenanza, o Concello prohibirá o consumo e a venda de bebidas alcohólicas nas vías e outros lugares públicos do municipio, especialmente entre as dez da noite ea s 8 da mañá. Deste xeito, espérase garantir a convivencia e a seguridade cidadás, o dereito á intimidade e ó descanso no domicilio, a protección dos menores e o uso ordenado da vía pública.

    A normativa, aprobada polo pleno da corporación a finais do mes de xuño, recolle multas que poden ser desde os 200 ós 3.000 euros, dependendo da gravidade da sanción. Pero desde o Concello indícase que, ademais de ter un carácter represor, contempla o asesoramento e orientación na prevención e tratamento do consumo de alcohol.

    Redacción Salnés