Un curso de Gintonics esperta o interese dos hostaleiros da contorna

    CAMBADOS> Mellorar a calidade da hostalería da comarca e facer que os seus barmans sexan quen de ofrecernos o gintonic que máis se axeita…

    {flowplayer}images/salnes/curso_gintonics_cambados.flv{/flowplayer}

    … ás nosas preferencias. Este é o obxectivo que perseguía o curso que a empresa Davinci Formación impartiu esta tarde no Salón de Congresos e Exposicións Peña de Cambados. Ata aquí achegáronse profesionais de toda a comarca para perfeccionar a súa labor á hora de mesturar a xenebra ca tónica.

    O prestixio restaurador José Soto foi o encargado de que aprendesen a reparar en cousas tan habituais como as burbullas ou o xeo que se emprega. E é que este cubata volve a estar de moda. As grandes casas comerciais apostan por promocionar unha ampla gama tanto de xenebras como de tónicas para satisfacer ós padais máis exquisitos.

    Redacción Salnés