GaliciAme destina 50.000 euros á investigación da Atrofia Muscular Espinal

CAMBADOS> GaliciAme quere dar un impulso á investigación da Atrofia Muscular Espinal. A asociación vén de abrir a convocatoria para a primeira beca da fundación. Unha iniciativa que está dotada con 50.000 euros, procedentes de doazóns de particulares e de eventos realizados durante este ano. Con esta achega, suman ao redor de 100 mil euros os fondos que GaliciAme destinou á investigación da enfermidade nos últimos catro anos.

A investigación da Atrofia Muscular Espinal terá un novo pulo. A Fundación GaliciAme vén de crear unha beca dedicada a este fin. O fondo está dotado con 50.000 euros, e agarda conseguir repercusión internacional.

Todos os cartos proceden de doazóns de particulares ou dos diferentes eventos que se organizaron en beneficio de GaliciAme. Con esta achega, xa son ao redor de 100 mil euros os fondos destinados pola Fundación á investigación desta enfermidade.

Un xurado formado por catro profesionais será o encargado de escoller o proxecto gañador. Primaranse os que opten por vías diferentes ás que existen na actualidade, dirixidas fundamental ao cromosoma 5q.

Na presentación desta beca, a presidenta de GaliciAme recibiu o agarimo e apoio do goberno de Cambados, a súa vila natal. As bases para presentarse a esta convocatoria xa se poden consultar na web da Fundación ou solicitalas no seu correo electrónico.