Unha nai denuncia que Educación cambiou de colexio á súa filla por ter diversidade funcional

    monicasumay100.jpgCATOIRA > Unha rapaza de Catoira é excluída do colexio Progreso, desta localidade, pola súa diversidade funcional.

    {flowplayer}images/salnes/protestanenadiscapacitada.flv{/flowplayer}

    CATOIRA > Unha rapaza de Catoira é excluída do colexio Progreso, desta localidade, pola súa diversidade funcional. A nai de Alejandra, de catorce anos, denuncia este feito e asegura que esta é unha discriminación á menor. Ánxela López, abogada, está apoiando a esta familia e defende o dereito destes pais a poder elixir o colexio para a súa filla.

    A nai da nena, Mónica Sumay, asegura que este traslado non lle foi comunicado e que soubo da decisión da delegación provincial da Consellería de Educación, a través dunha comunicación da dirección do actual centro, polo que non se tivo en conta a opinión dos pais.

    O colexio ó que se pretende trasladar a rapaza será o Centro de Educación Especial de Vilagarcía, que lles queda a unha distancia de quince quilómetros. Os pais non están dispostos a enviala a un centro específico xa que a nena está totalmente integrada no colexio de Catoira e cren que pode ser prexudicial sacala do seu entorno.

    De momento, a familia afirma que vai seguir loitando polo dereito da súa filla a estudiar no centro da súa localidade e asegura que se fai falla irá a xuízo, xa que a nai recorreu a orde da Consellería de Educación.

    Redacción Salnés