O concello da Pobra dinamizará o rural con obradoiros de artesanía nas parroquias

A POBRA> A finais deste mes arranca na Pobra o programa Feito coas túas mans. Comezará cun obradoiro de cestería e seguiranlle talleres de cerámica, xabóns, ebanistería ou macramé que se desenvolverán nos centros socioculturais das distintas parroquias. Son de balde pero é precisa a inscrición previa a través de participación veciñal.

A promoción da artesanía e a dinamización do rural son os piares do programa ‘Feito coas túas mans’ que ven de poñer en marcha o concello da Pobra. Ata finais de ano desenvolverán nas distintas parroquias varios obradoiros de distintas disciplinas artesás en colaboración con distintas asociacións e emprendedores do municipio.

O programa dará comezo a finais deste mes cun obradoiro de cestería impartido por la Parabólica no Campiño ó que lle seguirá outro na Ribeiriña que desenvolverá Capituxa do 16 ó 25 de maio. Estes dous desenvolveranse os sábados en sesións de catro horas pola tarde mentres que o resto dos obradoiros prográmase en talleres de dúas horas semanais, os mércores de cada mes.

Ademais de macramé e carpintería haberá  un obradoiro de cerámica da man de Raposiña e xabóns con Flow de Meiga. Os interesados en participara poderán inscribirse totalmente de balde no enderezo participacionvecinhal@gmail.com.