Rianxo únese para promover hábitos saudables nos adolescentes

RIANXO> Hoxe, 12 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Obesidade Infantil. Coincidindo con esta efeméride xorde esta alianza a tres: Concello, Instituto e a empresa Be One, que xestiona a piscina municipal, xúntanse para loitar contra o sedentarismo e promover hábitos de vida saudables nos adolescentes. E todo a través da práctica deportiva co programa Move-T.

Trátase dunha experiencia piloto, dirixida a unha franxa de idade moi concreta, neste caso os catorce anos, con estudantes de terceiro da ESO.

Tanto dende o Concello coma do propio instituto da localidade destacaron a idoneidade do proxecto.

O programa, que arrancaba esta mañá, prolongarase ata marzo, con diferentes fases. Unha vez rematado e analizados tódolos resultados obtidos, non se descarta poder ampliala tamén a outras idades, incluso máis pequenos.

Trátase dun pequeno chanzo, pero que pretende romper coas rutinas negativas, apostando pola actividade física para conseguir vidas máis saudables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí