Tan só vale gañar para escapar da zona de descenso

terceira250_160410.jpgSALNÉS> Sen tempo prácticamente para o descanso os equipos do Salnés na Terceira preparan os seus encontros. Céltiga e Vilalonga precisan gañar para seguir escapando da zona de descenso.

Quédanlle tres partidos ó Vilalonga e como mínimo ten que gañar un para non pasar apuros de última hora e terse que xogar a permanencia a unha carta. A cascada de 2ªB arrastraría a día de hoxe a Céltiga e Bergantiños, e os de Carballo tan só teñen tres puntos menos que os celestes.

O domingo é o Alondras o que visita San Pedro (18 horas), un equipo de sobrada calidade pero que a estas alturas xa non se xoga nada. Nesa pequena falta de motivación pode estar a oportunidade dun Vilalonga moi mermado polas baixas. Ata sete xogadores cáense da lista, todos eles dos que foron habituais nos ‘onces’ de Gabi Leis durante a temporada: Pazos, Saúl, Machu, Sarró e Diego Villaverde, por lesión, e a parella de centrais, Tachi e Miguel, por sanción. Con este panorama tan desalentador o resto terá que sacar forzas de fraqueza para intentar gañar o partido.

A situación do Céltiga é peor en canto á clasificación, ten seis puntos menos, pero non ten tantas baixas, ten que xogar un partido máis que os celestes, ós que lles toca descansar dentro de quince días, e as sensacións que dá o equipo son positivas. Os de Antonio Gómez acadaron certa confianza despois da victoria ante o Verín e o traballado empate en Ourense.

Agora reciben a un Vilalbés que dende que sumou 42 puntos perdeu catro partidos de xeito consecutivo. Está practicamente salvado pero, como lle sucede ó Vilalonga, precisa dalgún punto máis de aquí ó final por si acaso. Cardeñosa volverá á convocatoria nos da Illa despois de ter cumplido o seu partido de sanción.

Redacción Salnés