O pleno infantil de Vilagarcía escolle a súa alcaldesa

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía ten nova alcaldesa… infantil. Como é habitual na vila nestas datas, os máis pequenos da localidade visitaron a casa consistorial e levaron a cabo o seu propio pleno. A alcaldesa elixida foi Lola Oliveira do CEIP A Lomba.

Os nenos e nenas de Vilagarcía coñeceron de primeira man o funcionamento do seu concello. O alumnado de 5 e 6 de primaria dos colexios de Rubiáns, A Lomba, Vilaxoán e Sagrada Familia desprazouse á casa consistorial para celebrar o pleno infantil.

Os diferentes representantes dos colexios que formaban o pleno saíu escollida unha alcaldesa: Lola Oliveira do CEIP A Lomba.

A nova alcaldesa ten claro cal sería a súa primeira medida.

A actividade estivo enfocada a que os máis pequenos coñezan a actividade do concello. Aproveitaron a visitar para facer as súas propostas ao alcalde e demostrar o aprendido.

En total máis de 200 alumnos gozaron desta actividade. Os máis pequenos xa coñecen o funcionamento do concello. Despois da visita, son moitos os que queren dedicarse á política.