A casa das segundas oportunidades

    Vilagarcía> Desde Cáritas Arousa alertan dun aumento das persas sen fogar no seu comedor social, nas últimas dúas semanas. Esta mañá estivemos co presidente da entidade para descubrir as causas deste incremento, e coñecer un pouco máis sobre a Casa de Acollida que teñen en Vilaxoán, e na que actualmente residen oito persoas. Esa é a esencia desta Casa de Acollida e Reinserción que Cáritas Arousa ten en San Cibrán, Vilaxoán, ofrecer unha segunda oportunidade. Nesta casa hai espazo para catorce persoas, neste momento viven 8, e están agardando a chegada de novos habitantes. O día a dia destas persoas que teñen a sorte de contar coa axuda de cáritas, está completamente organizado. Polas mañás, encárganse do proxecto Siembra, que consiste en traballar os invernadoiros que Cáritas ten en Sobradelo. E é que o máis importante é conseguir que volven a reinsertarse na sociedade e que adquiran hábitos sociolaborais. Un obxectivo cada vez máis necesario, e é que desde Cáritas alertan de que nas últimas dúas semanas está habendo un repunte no número de usuarios do comedor que teñen en Vilagarcía. Son, os chamados transeúntes. Ademais do comedor e a casa de acollida, Cáritas Arousa ofrece outros recursos como roupeiro, servizo de perruquería, hixiene e lavandeiría, un comedor sobre rodas e o proxecto Arrumí para persoas de etnia xitana.