A CPTOPT acometerá neste ano as prometidas melloras en Castroagudín

    dv829_-_sinatura_100.jpgVILAGARCÍA > A Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride e a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, asinaron este serán un convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto de mellora de servizos e dotación de equipamentos de emprego público no núcleo rural de Castroagudín.

    Estas obras van a supoñer unha inversión do goberno galego de 485.660 euros; en actuacións como a habilitación de zonas verdes ou a pavimentación de accesos. A Consellería de Política Territorial prevé un prazo de execución destas actuacións de tres meses, polo que agarda que as obras estean finalizadas dentro deste ano. A CPTOPT será quen se ocupe ademais da súa contratación, execución e dirección das obras; namentres que o Concello se compromete a asumir a súa explotación, mantemento e conservación unha vez sexan elaboradas. T

    anto a conselleira como a alcaldes tiveron a ben resaltar a colaboración dos veciños, tanto na elaboración deste proxecto, como na cesión dos terreos necesarios. Unha boa disposición de veciñal que se volveu a recalcar neste acto ca intervención do representante da asociación Veciñal de Castroagudín, Satiro Doval.

     Esta actuación é o froito dun acordo o chegaran no seu día veciños e representantes do goberno galego, para compensar a afectación que están a supoñer as obras de construcción da futura circunvalación de Vilagarcía. Ditas actuacións de obras de acceso á Vilagarcía compleméntanse con outras que darán comezo este mes como a elaboración da varias beirarrúas noutras parroquias vilagarciás.

    Ó termo da rolda de prensa, os veciños tiveron a oportunidade de falar distendidamente ca Consellería e mesmo agasallala con fotografías antigas desta localidade vilagarciá.

     Outras actuacións política Territorial

    Nesta visita da Consellería de Política Territorial a Vilagarcía, María Xosé Caride, falou tamén das previsións deste departamento da Xunta de Galicia de ampliar a actual autovía do Salnés ata O Grove. Porén sinalou que este non ía a supoñer o remedio definitivo para garantir a fluidez do tráfico en certos días de verán. Esta actuación xa está a ser planificada ó igual que a de crear un acceso onde conflúan a autovía de Vilagarcía, a do Salnés, a autoestrada AP9 e a estrada autonómica no núcleo de Curro.

    Redacción Salnés