A xunta presenta o deseño do novo ambulatorio de Vilagarcía e o concello advirte que lle esixirá que o dote co persoal e equipamentos necesarios

VILAGARCIA> A xunta de Galicia presentou a súa primeira proposta deseño de construción do novo centro de saúde de Vilagarcía. Aínda que o deseño convence ao goberno local, dende o equipo de Varela piden á consellería de sanidade tres cousas: que axilice a construción do edificio e que o dote do persoal e os equipamentos necesarios.

Vilagarcía xa está preparada para a demolición do vello edificio de capitanía marítima. Os traballos de derrube comezarán nos vindeiros días para que posteriormente na zona se constrúa o novo centro de saúde. A xunta de Galicia xa presentou a súa primeira proposta de deseño da nova edificación. Unha imaxe que convence ao goberno local.

Nas reunións mantidas entre ambas administracións e tras ver as primeiras propostas. O goberno local pide á consellería que mellore a súa proposta de accesibilidade para o centro.

A pesar de que o deseño convence, dende vilagarcián poñen tres esixencias para o proxecto. A primeira é que a consellería sexa áxil na construción e a segunda que conte cos equipamentos necesarios.

A terceira petición é  máis importante, é que o centro se dote co persoal necesario.

Por diante aínda quedan arredor de 3 anos para que Vilagarcía poida gozar do novo centro de saúde. O derrube do edifico actual comezará nas vindeiras datas cun prazo de execución de 2 meses, a continuación abrirase o período de revisión e licitación do proxecto que serán 8 meses e finalmente a construción contará cun prazo de 20 meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí