O Extrugasa buscará ante o Ibiza a súa terceira victoria

baloncesto250_171008.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa afronta mañá pola tarde o seu cuarto partido de Liga ante o Ibiza. Un encontro no que volverán a estar frente a frente dous adestradores que se coñecen ben: Jordi Fernández e Isaac Fernández, pai e fillo.

Extrugasa e EBE Ibiza disputan mañá un encontro de necesitados. Quizáis precisan máis a victoria as visitantes, despois do seu mal arranque de temporada cunha victoria e dúas derrotas.

Pero as vilagraciáns deberán aproveitar a ocasión para cumplir o seu primeiro obxectivo de levarase tres triunfos nos cinco primeiros partidos. Deberá aproveitalo porque este ano o Ibiza presenta un plantel espectacular, deseñado para ser a alternativa a Ros Casares e para facer un bo papel na Eurocup; pero é que as súas grandes estrelas, Shannon Johnson e Sancho Little, atópanse lesionadas dende o verán, factor que está a repercutir decisivamente nos malos resultados do equipos neste primeiro tramo de temporada.

Pese a todo será un conxunto moi difícil de batir e con outras xogadoras perigosas como a pivot Sandra Pirsic, MVP da pasada xornada. Para intentar freala estará a flamante fichaxe do Extrugasa, Aina Denti, que debutará.

 Será ademais un partido especial porque volven a atoparse dous adestradores que se coñecen á perfección: Jordi e Isaac Ferández, pai e fillo. O alumno tentará repeti-la machada do ano pasado cando se levara a victoria por 16 puntos de diferencia.

Por outra banda, en Liga EBA o Inelga recibe o domingo ás 12:30 ó Xiria, un dos equipos con mellor plantel da categoría. Marcos Rozas, será baixa xa que arrastra certas dores na cadeira, mentres que Gustavo Andújar e Pablo Villaronga estarán recuperados para este choque.

Redacción Salnés