PONTEVEDRA > A vilagarciáns impúxeronse ó Arxil por 49-75 nun partido no que o técnico Isaac Fernández tan só puido contar con catro xogadoras do primeiro equipo.
O Extrugasa comezou con bo pé a súa pretemporada cunha primeira victoria ante o Arxil, no encontro que disputaron en Pontevedra.
As vilagarciáns non tiveron apenas problemas para desfacerse do seu rival ó que superararon por 26 puntos de diferencia, 49-75.
Todo isto con tan só catro xogadoras do primeiro equipo: Sara Gómez, , Katia da Silva, Míriam Herrera e Arantxa Novo, que foi a mellor tras anotar 23 puntos.
O técnico Isaac Fernández tivo que tirar do equipo xuvenil ante a ausencia das novas fichaxes e tamén da base María Asurmendi, baixa por motivos de estudios.
Hoxe tiña prevista a súa chegada unha das incorporacións deste verán a pívot estadounidense Meredith Alexis, un gran reforzo para o xogo interior.
Redacción Salnés