Interrías e Junquera non ceden e continúan no máis alto

futbolsala250_100309.jpgSALNÉS> Victoria para o Viajes Interrías que mantén ós portonoveses na segunda posición da táboa, a un punto do líder e con dous partidos menos. O Grupo Junquera é virtualmente terceiro tras impoñerse ó Negreira.

Dezasete victorias consecutivas suma xa o Viajes Interrías despois de solventar sen demasiados problemas o seu compromiso desta fin de semana ante o La Crema Bar Arranca de Negreira (9-4).

Pese ó abultado do marcador, os xogadores notaron esa falta de ritmo propiciada polos quince días que estiveron sen xogar partido oficial, aínda que a súa superioridade foi tal que só a relaxación en determinados momentos impedíu que a vantaxe fose maior.

De feito fóronse 3-1 ó descanso tras perdoar en varias accións e aínda que Bruno Ribeiro asinaba o 4-1 no 23′, un minuto de despiste meteu ós nicrarienses no partido, que recurtaron ata o 4-3.

Pero ata ahí chegou a resistencia, porque a ousadía visitante non fixo máis que enfurecer os ánimos dos de Baltar que a partir de ahí foron un ciclón ata o final.

Estes tres puntos déixalles a un do Cesuras aínda que o Viajes Interrías conta con dous partidos menos disputados e todo fai entrever que cando os xogue volverá a ser primeiro.

Xusto detrás deles, aínda que a dez puntos, sitúase un Grupo Junquera en plena xeira positiva de resultados. Os de Juancar son terceiros, pero o desbaraxuste de patidos que sofre a liga tamén lles afecta, e conta cun partido máis que un dos seus perseguidores, o Esteo, que lle podería pasar na xeral.

No último encontro deron un bo espectáculo xunto co Troula, que demostrou ser un equipo moi mellorado. Os vilagarciáns, como soe ser habitual, levaron o peso do encontro ante un rival que optou por pecharse e saír ás contras.

O partido semellaba resolto ós 20 minutos, co 4-1 no electrónico, pero as cousas complicáronse nos últimos compases e os betanceiros chegaron a poñerse 5-4 a falta de cinco minutos. Pero ahí aparaceron Oscarín e Marcos para asinar dous tantos e rubricar a victoria final do Junquera (7-4).

Redacción Salnés