O PP critica os atrasos nas reparacións dos acesos á autovía

    autovasalns_100.jpgRIBADUMIA > Apiques dous meses despois de que se inaugurara a autovía do Salnés, o representantes do PP na comarca reclámanlle á Xunta que remate o …

    … acondicionamento de varios viais de aceso, na súa maioría a propiedades privadas, que se viron afectados polas obras do desdobramento da antiga vía rápida. O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, xunto cos rexedores e representantes locais do partido, instan ó Goberno autonómico a que se leven a cabo canto antes estes traballos, agora que se achega a época da vendima, durante que estes acesos son moi empregados.

    Rafael Louzán tamén lembrou que a Xunta rexeitou crear o paso subterráneo para peóns por debaixo da autovía que permitiría comunicar ós Concellos de Meis e Ribadumia, e volveulle a pedir ó executivo galego que pavimente o tramo que une a saída da vía de alta capacidade en Ribadumia coa vía que vai a Cambados. Unha estrada de menos duns quilómetro pola que pasan cada día decenas de vehículos.

    O PP tamén criticou a existencia dunha das tubaxes metálicas para drenaxe no tramo da autovía próximo a Sanxenxo, cuxo emprego criticara o PSOE, logo de substituílas por tubos de formigón. De non levarse a cabo canto antes a reparación destas deficiencias na autovía, o PP asegura que vai levar as súas demandas ó Parlamento galego.

    Redacción Salnés