Vilanova fai números para cumprir a sentenza que anula o contrato da auga

    gonzaloduran_100_311006.jpgVILANOVA > O Concello estuda como cumprir a sentenza que anula a prórroga a Espina y Delfín e prexudicar menos ós veciños.

    O Concello de Vilanova está a estudiar a sentencia do Tribunal Supremo que anula a prórroga da concesión da auga realizada en 2000 a Espina y Delfín, e con esto a suba de tarifas aplicada a tódolos usuarios do municipio desde hai máis de 5 anos. Pero ademais, o goberno local está a facer números porque esa ampliación de contrato se fixo a cambio de que a empresa acometera unhas obras de mellora da rede de abastecemento no centro urbano, por máis de 690.000 euros. Anulado ese acordo plenario, os usuarios terían dereito a recobrar a parte proporcional da suba nos seus recibos pero o concello veríase obrigado a reintegrar á firma o importe das obras realizadas, o que prexudica tamén ós veciños. O alcalde lembra que detrás de todo isto está a denuncia feita polo PSOE vilanovés.

    As relacións entre o grupo e goberno vilanovés e os socialistas vai de mal en peor. O alcalde sinalou que esta mañá Rodrigo Santiago se marchou dunha reunión, antes de que se abrisen as plicas da venda dos terreos para a piscina municipal. A razón que deu é que se opuña a esta obra. Durán acusa ó PSOE de poñer trabas a tódolos proxectos e espétalle ‘para concelleiro de Crónicas Marcianas vale, para concelleiro de Vilanova non’.

    Outro proxecto ó que se opón o PSOE é o centro comercial de San Miguel de Deiro. Esta mañá a comisión de goberno acordou iniciar a tramitación do Plan Parcial correspondente a esta obra, posto que a lei permite que se faga paralelamente á tramitación do PXOM. O Concello atende así a petición da empresa Alcampo. O alcalde defendeu novamente o proxecto, tendo en conta que xerará sobre 600 postos de traballo en Vilanova.

    Redacción Salnés