O Céltiga lévase un derbi carente de bo fútbol

futbol250_150908.jpgSALNÉS > Un solitario gol de Beni na primeira metade decidíu o choque a favor dos de Josiño Abalde. Preocupante derrota do Portonovo que sitúase no derradeiro posto da clasificación xeral. O Vilalonga perdeu unha boa oportunidade para vencer en San Lázaro.

O que esperaba goles, ocasións e bo xogo no Salvador Otero, saíu decepcionado. Partido moi disputado e emocionante na Illa entre Céltiga e Arousa pero pouco fútbol e xogo.

Os dous equipos estiveron máis preocupados por facer un bo traballo defensivo que por buscar a portería rival. Foron un pouquiño mellor os locais simplemente porque souberon aproveitar unha das oportunidades que lle deu o Arousa; Cobas cabezou ó pau e Beni aproveitou o rexeite para marca-lo único tanto do encontro no 33′.

A partir do gol, os de Josiño deron un paso atrás, intentando reter un resultado que ó final non se lles escapou. Estes tres puntos permiten ó Céltiga colocarse na metade da táboa mentres que o Arousa continúa con tan só un punto e na penúltima posición da xeral.

O pechacancelas é o Portonovo, que onte caeu una casa co Montañeros por 0-1. Non fixeron un bo partido os de Milucho, pero tampouco mereceron perder, e menos do xeito que o fixeron; a tres minutos para o final e de penalti, moi riguroso que transfrmou o visitante Rodri.

O sábado, o Vilalonga tamén mereceu mellor resultado en San Lázaro onde empatou co Compos 1-1. Rubí adiantou ós celestes ós dez segundos de xogo, no que será seguramente o gol máis rápido desta temporada. Aguantaron ben os de Gabi Leis o xogo duro do seu adversario que quedouse con dez na segunda metade cando foi expulsado Peque. Nun golpe de fortuna, os locais empataron mediación de Mariño mediada a segunda metade.

Logo, Pillado e Rubí tiveron nas súas botas o 1-2, en dúas clarísimas ocasións (un longueiro e un man a man), pero o marcador xa non se moveu.

En Preferente Autnómica na que o Unión do Grove caeu co Tomiño (3-1), o Ribadumia co Barbadás (3-2), mentres que o Xuventude de Sanxenxo empatou sen goles na casa co Arenteiro.

Redacción Salnés