A POBRA> A partir do mes de abril, o concello da Pobra ofertará un itinerario formativo en competencias dixitais. Estará composto por dous obradoiros que se impartirán na Casa da Mocidade. Serán de balde pero requiren inscrición previa.
A concellería de Mocidade da Pobra deseñou un itinerario formativo que se porá en marcha a partir do mes de abril. Ofertaranse dous cursos: un deles de deseño e impresión en 3D que se impartirá na aula FabLab da Casa da Mocidade.
A outra acción formativa centrarase na adquisición e mellora de competencias dixitais básicas e estará dixirida a mozos de 16 a 35 anos.
Os interesados en inscribirse poden facelo a través do enderezo mocidade@apobra.gal 881 843281.