Tres citas para celebrar os Días da Poesía e do Teatro

RIBEIRA> O concello de Ribeira conmemorará os Días Mundiais da Poesía e do Teatro con tres propostas escénicas. Terán lugar entre o 19 e o 26 de marzo no auditorio municipal. A entrada será de balde.

A primeira das actuacións para conmemorar o Dia da Poesía e a Narración Oral que se celebra o día 20 de marzo en todo o mundo terá lugar a véspera. O sábado 19, os actores Kico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín e José Luís Gutiérrez ‘Guti’ levarán a escena ‘Tres vellas polo menos’.

Para a conmemoración do Día Mundial do Teatro, que se celebra o 27 de marzo, programáronse dous espectáculos.

A última das propostas terá lugar o sábado 26 da man da agrupación de teatro de Boqueixón que traerán ata Ribeira a comedia ‘Un morto moi vivo’. A asistencia ás tres funcións será de balde e non é necesario reserva previa. Poderase retirar a entrada media hora antes do inicio do espectáculo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí