O Príncipe Felipe visitou o mércores a Escola Naval Militar de Marín

    principe100.jpgMARÍN> O motivo da visita é informar ao Príncipe sobre as novidades, deste centro educativo militar que se adscribiu á Universidade de Vigo, hai tres semanas.

    Ás once en punto da mañá chegaba a Escola Naval Militar de Marín a súa Alteza Real, o Príncipe Felipe. Alí foi recibido polas autoridades militares da base pontevedresa, e polo Xefe do Estado Maior da Armada, o Almirante General Rebollo García, que se desprazou dende Madrid para acompañar ao príncipe Felipe nesta visita.

    O batallón de alumnos da Escola Naval Militar de Marín recibiu á súa alteza coas honras establecidas para este tipo de actos. Entre eles a recepción oficial, na que se oíron as voces de viva España, dende os buques atracados, nesta base militar. Os alumnos e a Marinería entoaron estes berros patrióticos, acompañados polas salvas de canón.

    Tras recibir os honores de ordenanza, que é como se coñece este acto de recepción, na xerga militar, o Príncipe pasou revista ao batallón de alumnos e á Marinería. Na entrada principal, das instalacións esperaban, á súa maxestade, o delegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, así como a vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa. Amais dos cargos políticos, Don Felipe saudou aos cargos militares, de mar e terra, en Pontevedra. As autoridades trasladáronse logo aos seus postos para presenciar o desfile do batallón de alumnos, en honor do príncipe Felipe.

    Ás once e media da mañá rematou o acto público de benvida, e comezaron varias reunións privadas da súa alteza real coas autoridades militares da Escola Naval. O obxectivo da visita é informar ao príncipe das novidades ao respecto do novo sistema de ensinanza ao que se adscribiu este centro de formación militar. Dende hai tres semanas, a Escola Naval de Marín está adscrita a Universidade de Vigo polo que os oficiais poderán obter un título universitario oficial, durante o estudo da súa carreira Militar.

    Sobre esta novidade foi informado hoxe a súa maxestade quen adoita visitar estas instalacións, con frecuencia. Don Felipe mantén unha estreita relación coa base militar pontevedresa, onde cursou estudos, ao igual que o fixo seu pai, o rei Don Juan Carlos.

    A súa última visita produciuse no mes de xullo, do ano pasado, cando Don Felipe presidiu a entrega de Despachos, no acto de Graduación. Nesta visita acudiu tamén a princesa, doña Leticia. Está previsto que o vindeiro 16 de xullo, volva a Marín unha representación da Familia Real para oficiar o acto de Graduación, deste verán.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/010409_principe_escola_naval_militar.flv{/flowplayer}