A confraría de Rianxo acometerá o dragado da zona do río

RIANXO> A confraría de Rianxo traballa na posta en marcha dun ambicioso plan para aumentar as zonas produtivas das súas autorizacións. A intención é acometer o dragado de sesenta mil metros cúbicos na zona do río en catro anualidades.

Os mariscadores de Rianxo verán incrementadas as súas zonas de traballo no próximo ano. Esta ampliación será posible grazas ó proxecto de dragado previsto na zona do río, da que se extraerán sesenta mil metros cúbicos de area.

A piques de finalizar o estudo por parte do biólogo, a confraría traballa xa na solicitude dos permisos. Unha vez reúna tódalas autorizacións, tratarán de buscar subvencións en direfentes administracións para axudar a executar o proxecto.

De non ser así, a intención do pósito é acometelo con fondos propios durante catro anualidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí