Durán acusa á Xunta de incumprir os prazos da Lei de Urbanismo

    VILANOVA > Continúan os problemas para a aprobación do PXOM de Vilanova de Arousa. O alcalde Gonzalo Durán vén de denunciar o incumprimento dos prazos da Lei de Urbanismo por parte da Administración. O rexedor vilanovés acusa á Xunta de non dar resposta ós intereses dos veciños do municipio e ameaza con aplicar o silencio administrativo se non cumpren coa lexislación.

    Se o vindeiro luns día 15 non obtén resposta por parte do Goberno autonómico, Gonzalo Durán non descarta botar man da lei para aplicar o silencio administrativo positivo que dea luz verde ó Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilanova. O motivo que o leva a barallar esta opción é o incumprimento dos prazos que ata o de agora está levando a cabo a Xunta. Para empezar: o prazo de solicitude de información complementaria, que se levou a cabo cun mes e medio de retraso.

    Durán critica que problema dos prazos non afecta só ó PXOM senón tamén ó SAU do Terrón número 1, que tampouco foi contestado.

    O alcalde vilanovés aproveitou para volver a acusar ós socialistas do municipio de intentar bloquear o proceso de aprobación do PXOM e recalcou que se non chega a resposta definitiva do plan antes do tomará contacto cos asesores xurídicos para que tomen as medidas oportunas.

    Redacción Salnés