A parroquia sonense de Xuño terá rede de abastecemento de auga potable

abastecementoson_100_260908.jpgPORTO DO SON > Medio Ambiente concedeu unha achega de 200 mil euros que permitirá continuar coa rede de abastecemento de auga do municipio

{flowplayer}barbanza/abastecementoson.flv{/flowplayer}

O concello de Porto do Son vén de recibir unha subvención da Consellería de Medio Ambiente que permitirá poñer en marcha a rede de abastacemento de agua na zona sur municipio.

Das distintas alternativas do proxecto que se redactaron escolleuse, segundo explicou o alcalde sonense, a que ofrecía maior de viabilidade de futuro.

Zona sur do concello 

Os 200 mil euros da achega da Consellería de Medio Ambiente permitirá dotar desta rede aos lugares de San Pedro de Muro, Xuño e Caamaño. A actuación, que se desenvolverá en varias fases, iniciarase en Xuño, dado que é a parroquia con máis poboación.

Reunión co Conselleiro

Esta previsto que os traballos den inicio en breve, xa que o concello tan só precisa a autorización da Consellería de Política Territorial para comenzar a actuación. Manuel Tomé anunciou que está a espera de reunirse co Conselleiro de Medio Ambiente co obxectivo de coñecer cal é o compromiso deste departamento co concello de Porto do Son.

Por último, o rexedor sonense espera que a corporación local dé luz verde ao proxecto de posta en marcha da rede de abastecemento e instalacións de acometidas de auga nas parroquias de Miñortos, Goiáns e Nebra, actuacións incluidas no Plan de Obras e Servizos da Deputación de A Coruña.

Redacción Barbanza