Protección Civil de Ribeira leva a cabo un simulacro de incendio na sede de AMICOS

    simulacroamicos_100_260908.jpgRIBEIRA > A iniciativa serviu para comprobar como os alumnos e profesores debían actuar no caso que se produza un sinistro.

    {flowplayer}barbanza/simulacroamicos.flv{/flowplayer}

    A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira xunto coas Policías Local e Nacional, así como o Parque de Bombeiros da localidade, efectuaron esta mañá un simulacro de incendio no centro ocupacional da Asociación Amicos do Barbanza en Oleiros.

    Lume na sala

    A iniciativa tiña coma finalidade a posta en práctica do plan de autoprotección do centro. O exercicio partiu dun lume que se orixinaba nunha sala da segunda planta.

    Despois de que un responsable do centro informara da emerxencia ó número de teléfono 112 do SOS Galicia, púxose en marcha o plan de autoprotección, iniciándose o desaloxo de tódalas persoas que se atopaban no interior do edificio.

    Prevenir futuros sinistros

    Dende a Agrupación de voluntarios de Protección Civil incidiuse na importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas que non veñen máis que mellora-los métodos de prevención.

    Na actualidade existe unha normativa estatal que obriga ós centros públicas a dispoñer de plans de autoprotección para salvagarda-la integridade das persoas no caso de que se produzan situacións de emerxencia, como poden ser incendios, explosións ou derrubamentos.

     

    Redacción Barbanza