Preto de 200 deportistas participan este domingo no Campionato Galego de Remo de Mar de Noia

NOIA> Preto de 200 deportistas daranse cita no Campionato Galego de Remo de Mar que se celebra este domingo na praia da Ornanda en Porto do Son a partir das dez da mañá. Está organizado polo Club do Mar de Noia en colaboración cos concellos de Noia e Porto do Son.

Por segundo ano, o Club de Mar de Noia organiza unha xornada de Remo do Mar. Na pasada edición, a proba formou parte da Liga Española e este ano disputarase o Campionato Galego batendo récord de participación co dobre de inscritos.

A alta participación obrigou a acurtar os percorridos así como a limitar as inscricións a 2 barcos por club e categoría. Ademais das distancias de 3000 e 2000 metros das categorías que participan no campionato galego, haberá unha regata máis corta para as categorías base.

Destaca a participación de dous remeiros paralímpicos que competirán na categoría xeral demostrando a aposta do remo pola inclusión real.