O Porto saca a concesión a parcela lindeira ó vial de Valle Inclán

    VILAGARCIA> A Autoridade Portuaria de Vilagarcía presenta unha nova parcela en concesión que estará aberta á cidade;…

    {flowplayer}images/salnes/visita_lanzaderas_prestige.flv{/flowplayer}

    … co que é posible ubicar alí calquera tipo de negocio. Este espazo lindeiro ó vial de Valle Inclán contará con 60 novas prazas de aparcadoiro e un espazo urbano á beira do cal se pode construír calquera negocio aínda que non estea vencellado ós usos portuarios.

    Tanto desde o Porto como desde o Concello apostan por dinamizar esta zona que queda agora libre e que estará totalmente acondicionada en maio do ano que ven.

     Con estas obras posibilitarase a chegada do tren de mercancías ós Peiraos Comercial e de Comboa, que contan cun maior calado. Este espazo presenta agora un aspecto máis amplo ó terse retirado as tres lanzadeiras que no seu día se empregaron para retirar o fuel do Prestige.

    Esta acción foi levada a cabo polo Sasemar ,que empregou o remolcador Don Inda para trasladar estes grandes recipientes, agora baleiros, a Ferrol ás inmediacións do Estaleiro de Navantia.

    Redacción Salnés