Internacionalización e desestacionalización, obxectivos do novo plan turístico do Salnés

RIBADUMIA> A Mancomunidade do Salnés lanza a súa estratexia turística para os vindeiros catro anos. O plan márcase como obxectivo a internacionalización e desestacionalización do sector. Esta mañá tivo lugar a súa presentación en Ribadumia, nun acto no que o organismo comarcal estivo arroupado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta. Neste sentido, destacaron o aliñamento de todas as administracións á hora de deseña-la folla de ruta do turismo do futuro.

A adega Lagar de Pintos, en Ribadumia, foi o escenario elixido para a posta de longo da do Plan Estratéxico Turismo do Salnés 2024-2028. Unha folla de ruta que define as liñas estratéxicas dun sector fundamental para a comarca. A estratexia céntrase en dous grandes piares, o primeiro, a internacionalición.

E o segundo, a desestacionalización. Porque, segundo explicaron esta mañá, O Salnés a pesar un dos principais motores turísticos de Galicia, ten aínda por diante un gran desafío: lograr que a xente veña máis alá do verán.

Nese sentido traballa esta novo plan, estruturado en catro grandes eixos: desenvolvemento terrotorial, a oferta dun produto turístico innovador, a promoción e comunicación  e a dixitalización.

No acto desta mañá o organismo comarcal estivo arroupado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta. Neste sentido, destacaron o aliñamento de todas as administracións á hora de deseña-la folla de ruta do turismo do futuro.

O plan está dotado con 5,5 millóns de euros para os vindeiros catro anos, co obxectivo de fomentar un turismo máis ordenado cunha oferta máis diversificada. Ademais do enoturismo, salientaron tamén a importancia de seguir promocionando os recursos naturais, patrimoniais e históricos, así como seguir apostando pola gastronomía ou a naútica como grandes cartas de presentación da comarca.