![]()
CAMBADOS> Ó longo desta xornada, parte dos 28 detidos no marco da segunda fase da Operación Tabaiba foron pasando a disposición do…
{flowplayer}images/salnes/170409_operacion_tabaiba.flv{/flowplayer}
… Xulgado número un de Cambados. Estes detidos estarían vinculados á banda de narcotransportistas que artellara o agora finado Manuel Abal Feijóo, alias Patoco, que fora absolto no macroxuizo da Operación Nécora no que fora acusado de ser un dos pilotos de planadoras do Clan dos Charlíns. As detencións leváronse a cabo nesta amencida principalmente na comarca do Salnés, aínda que tamén se efectuaron en Concellos como Caldas, Porriño e Vigo. Entre os detidos xa se sabe que figuran o irmán maior do Patoco, Benito Abal Feijóo, así como Francisco Bugallo Varela, coñecido como o Ferrón; e tamén outros familiares e posibles empresarios da hostalería na ría de Arousa, que poderían actuar como testaferros do malogrado Patoco.
Lembrámoslles que esta operación se iniciara ca intervención de 4 toneladas de cocaínas na costa da morte, que os narcotransportistas deixaran abandona en Muxía, para logo queimar a planadora que os transportaba na costa de Aguiño, en Ribeira. Agora, esta segunda fase tería a súa orixe nun axuste de contas entre clans que intentan facerse ca herdanza loxística do Patoco.
Este axuste podería estar vinculado ó incendio dunha lancha nun galpón de Dodro que alugara un veciño de Vilanova. Pola contra, pénsase que non está relacionada co incendio da planadora que apareceu calcinada este mércores na praia de Raeiros.
Axentes da UDYCO e do GRECO continuaron o longo do día con rexistros en domicilios e negocios de Vilanova en Cambados, polo que non se descartan novas detencións. A investigación continúa aberta e a penas transcende información posto que sigue decretado o segredo de sumario.
Redacción Salnés







