Suma e sigue para un Grupo Junquera imparable

futbolsala250_031109.jpgSALNÉS> Unha de cal e outra de area para os conxuntos do Salnés. O Grupo Junquera encadenou a súa terceira victoria consecutiva e se afianza na parte alta da táboa. Mentres en Portonovo, o Viajes Interrías caeu ante o Caloto nun partido moi igualado que non se decidíu ata o derradeiro minuto.

O Viajes Interrías volveu pagar caro os seus propios erros e caeu no derradeiro minuto ante o Caloto nun partido que ata entón tiña controlado (2-3).

A primeira metade foi de dominio alterno aínda que pouco a pouco os locais foron impoñendo o seu ritmo. Froito diso, chegaría o primeiro gol anotado polo visitante Marcos en propia portería. Con esa mínima vantaxe chegariase ó descanso.

O inicio do segundo tempo non foi bo. A falta de concentración propiciou que en apenas 60 segundos os lucenses lle deran a volta ó electrónico, aínda que pouco despois Pibe reestablecería as táboas anotando o 2-2.

Faltaban trece minutos para o final e o dominio dos de Salgueiro a partir de entón foi total. Cando máis preto semellaba o 3-2 chegou o mazazo; Marcos no 39′ dáballe a victoria ó Caloto.

O Viajes Interrías quédase por tanto con seis puntos na xeral, aínda que por abaixo ten a outros cinco equipos. A semana que ven tentarán enderezar o rumbo ante un rival directo pola salvación como o Superti Pontenova.

Na 1ª B o Grupo Junquera continúa a escalar posicións. O conxunto de Rodrigo Feijóo cada vezs está mellor acoplado e xoga con moita máis confianza, por iso os resultados están a chegar. Desta volta venceron a domicilio, ó complicado Negreira por 5-7. Un partido moi disputado que chegou con 5-5 no marcador o seu tramo final pero que decidiron Sesar e Juancar con dous goles consecutivos cando restaban tan só dous minutos para o remate.

Son quintos na xeral e recibirán a semana que ven ó Fisterra que camiña xusto por detrás deles na clasificación.

Redacción Salnés