Educación estudará o proxecto de unificación dos colexios Xulio Camba

    julio_camba100_101008.jpgVILANOVA > A Consellería de Educación remitirá en 20 días o proxecto de ampliación do colexio Xulio Camba II, de Vilanova.

    {flowplayer}images/salnes/durancolexio.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > A Consellería de Educación remitirá en 20 días o proxecto de ampliación do colexio Xulio Camba II, de Vilanova. Así llelo comunicou hoxe o delegado por Pontevedra ó alcalde e mailo presidente da APA. A reforma permitiralle ó centro cumprir co carácter de liña dous que ten, é dicir, dispor de dúas aulas por curso, ademais de contar con lugares comúns, como locais de música, para reunións, ou mesmo un comedor.

    O presidente da APA e o alcalde tamén lle propuxeron ó delegado a unificación dos dous colexios Julio Camba que hai no centro urbano. A idea parece que gustou, posto que José Armando Cristóbal pediu que lle enviasen a proposta. Gonzalo Durán lembrou que esta actuación permitirá reordenar esta zona. Do que se trata é de intercambiar os espazos que ocupan actualmente o Julio Camba e maila gardería e a praza de Abastos.

    Para poder unificar os dous colexios serían precisos mil metros cadrados. O alcalde cre que é asumible e que en dúas semanas poderán remitir un estudo a Educación. Con estas melloras, Vilanova contará no casco urbano cunha única infraestrutura educativa que daría cabida a máis de 400 escolares de cero a 12 anos de idade.

    Redacción Salnés