VILAGARCÍA> 5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente. Con motivo deste día saímos a rúa para coñecer a implicación da veciñanza do Salnés na loita contra o cambio climático. A reciclaxe e o uso de bolsas de tela ou papel son as accións que máis realizan os veciños da comarca.
Dende 1974 o día 5 de xuño está dedicado ao medio ambiente. Neste 2019 o tema principal é o aire limpo. Con motivo desta dedicatoria saímos á rúa para descubrir se os veciños do Salnés coñecían este día e a súa implicación nesta materia.
Esta semana, ademais, os ecoloxistas lanzaron o reto da “semana sen bolsas de plástico”. Un desafío co ca veciñanza parece estar de acordo.
O cambio climático é unha problemática que vai aumentando cada ano. A solución, segundo os salnesiáns, correspóndelle tanto ás persoas como aos países.
Son moitas as medidas que se poden tomar para coidar o medio ambiente. Separar o lixo, reciclar, non malgastar luz e auga, non utilizar bolsas de plástico e si produtos que poidan reutilizarse son algunhas das accións que podemos facer diariamente na nosa casa.