Vilagarcía investirá 48 mil euros na construción dun circuíto de pump tranck en Fonte da Coca

Vilagarcía investirá 48 mil euros para converter o circuíto de BMX da Fonte da Coca nun circuíto de Pump Tranck. A pista contará con diferentes zonas para que a poidan gozar tanto profesionais como amateurs. Terá unha superficie de máis de 9 mil metros cadrados e a previsión é que as obras terminen no 2023.

O vello circuíto de BMX da Fonte da Coca terá unha nova vida. Debido ao baixo uso da pista, o concello decidiu convertelo nun circuíto de pump track.

O proxecto xa está redactado e terá un custo de 48 mil euros. Aproveitarase o percorrido actual e o entorno natural para construír unha pista na que poidan gozar tanto profesionais como amateurs.

Os pump track son circuítos en auxe e numerosas persoas percorren Galicia para gozalos. A pista tamén será un reclamo para a xente de fóra de Vilagarcía.

A parcela conta con máis espazos para poder ampliar o circuíto nun futuro. Todo dependerá do uso que os afeccionados das bicicletas, patinetes ou monopatíns lle dean á pista.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí